Bases de Datos 3 - 2013/2014

Bases de Datos Orientadas a Obxectos

Material dispoñible (tamén en fotocopiadora)

Material adicional:

Lecturas recomendadas

Dado que o estándar ODMG e JDO son recentes, só as últimas recentes dos libros de bases de datos cubren este tema.

O libro de [Ullman e Widom] fala do tema das BDOO nos capítulos 2 e 8. A descripción de ODL está desfasada (baseada en IDL) polo que non será actual (os conceptos si son correctos). A descripción de OQL é correcta e bastante actual.

O libro de [Connolly e Begg, 4ª edicion] é máis actual. A parte 7 está dedicada ás BD OO e Obxecto Relacionais. O capítulo 27 describe correctamente o ODL e inclúe brevemente OQL. Tamén describe algún xestor de BDOO como ObjectStore. O capítulo 28 está adicado específicamente ás BD Oxecto-Relacionais,

Lecturas complementarias

Os tres manifestos son tres artigos que reflexan distintas propostas (e posturas por parte dos investigadores) sobre o mundo das bases de datos orientadas a obxectos.

Bases de Datos Activas

Material dispoñible:

Lecturas recomendadas

Os libros [Gulutzan e Pelzer, capítulo 24] e [Melton e Simon, capítulo 11] describen os triggers en SQL:1999.

Calquera dos libros da bibliografía inclúe algún capítulo ou sección sobre BD Activas e triggers, a nivel máis teórico e normalmente as edicións dispoñibles non siguen estrictamente o estándar SQL:1999/SQL:2008.

Bases de Datos Distribuídas e Federadas

Material dispoñible:

Lecturas recomendadas

  • Para BD Distribuídas: [Connolly e Begg] O capítulo 22 describe os conceptos básicos (entre eles a arquitectura de referencia e a fragmentación). O capítulo 23 excede a profundidade que lle daremos ó tema, pero son especialmente interesantes as seccións 23.4 (transaccións) e 23.6 (optimización de consultas distribuídas).
  • Para BD Federadas: Aínda que os libros da bibliografía básica contén referencias a bases de datos distribuídas heteroxéneas, o tema de federación de bases de datos está explicado de forma máis correcta nos documentos PDF incluidos nas lecturas complementarias.

Lecturas complementarias:

As Bases de Datos e a Web

Material dispoñible:

Lecturas recomendadas

O capítulo 30 de [Connolly e Begg] é adecuado como referencia para a parte de XML e bases de datos. Pode complementarse con calquera libro de XML e/ou as referencias a recursos web que se indican nas transparencias.

Para a parte de Web Semántica, por ser un tema básicamente de investigación, non existen demasiados recursos (impresos e accesibles desde a UDC), polo que só podemos contar coas páxinas web que se indican na bibliografía desta parte, aínda que exceden en moito a profundidade que queremos darlle ó tema nesta asignatura.

Deseño Físico e Axuste de Bases de Datos

Material dispoñible:

Lecturas recomendadas

  • High performance MySQL / Baron Schwartz ... [et al.]. O'Reilly, 2008. 2nd ed. Signatura biblioteca UDC: H24 (MySQL) HIG
  • MySQL avanzado / Baron Schwartz... [et al.] (Traducción de : High Performance MySQL). Anaya Multimedia, 2009, 2ª ed. Signatura biblioteca UDC: H24 (MySQL) MYS

NoSQL

Material dispoñible:

Material adicional

Para este tema, en vez de suxerir unha lectura (calquera dos documentos xeneralistas referenciados na bibliografía servirían), pode ser moi interesante visualizar este vídeo: Introduction o NoSQL by Martin Fowler (en inglés).

Sistemas de Información Xeográfica

Transparencias da aula:

Lecturas recomendadas

O punto de partida pode ser a tese doutoral de Miguel R. Luaces. O capítulo 2 fai un repaso das características relevantes dos sistemas de información xeográfica e o capítulo 3 describe a arquitectura e os estándares relacionados cos sistemas de información xeográfica.

O libro de Worboys é tamén recomendable de principio a fin. No capítulo 3 se define en detalle o espazo xeográfica, no capítulo 4 se fala da representación e procesamento da información a nivel conceptual, no capítulo 5 faise a nivel lóxigo, e no 6 a nivel físico.

O libro de Laurini e Thompson tamén e recomendable por extenso e por cubrir toda a materia, pero vai un pouco vello.

A miña descrición das xeracións de GIS e das operacións están roubadas (co permiso dos autores) do capítulo 3 do libro de Taboada González e Cotos Yáñez.

As estructuras de indexación espacial están descritos con moito detalle no capítulo 6 do libro de Rigaux, Scholl e Voisard.

Para a descrición dos estándares o mellor sitio é Internet. O Open Geospatial Consortium ten todos os seus estándares accesibles na sua web. Teñen que ser lidos con coidado: o risco de durmirse é grande. O interesante está ao final, nos exemplos.