Bases de Datos Avanzadas - 2013/2014

AVISO: Esta páxina contén información non actualizada (do curso 2013-2014). No curso 2014-2015 usaremos o moodle da UDC.

Obxectivos

  1. Profundizar no deseño lóxico das bases datos relacionais e os elementos que estas ofrecen.
  2. Conocer e aplicar técnicas avanzadas de bases de datos, incluíndo o manexo de transaccións, así como descubrir aplicacións de bases de datos en dominios particulares.
  3. Manexar con rigurosidade e eficacia as linguaxes de bases de datos, de forma interactiva ou incrustada noutras linguaxes de programación.
  4. Desenvolver as capacidades de aprendizaxe autónomo, adaptación a novos escenarios e traballo colaborativo, formando parte de equipos presenciais e non presenciais.

Temario

  1. Elementos das bases de datos relacionais
    1. Catálogo
    2. Vistas
    3. Integridade
    4. Seguridade
  2. Actividade (disparadores)
  3. Deseño lóxico
  4. Proceso transaccional e recuperación
  5. Concurrencia
  6. Procesamento de consultas e Optimización
  7. Outros modelos e novas tendencias en bases de datos
  8. SQL avanzado
    1. Repaso e ampliación de SQL
    2. SQL avanzado
    3. SQL no entorno aplicativo

Avaliación

Concepto Porcentaxe Descrición
Traballos tutelados 20%

Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

A data de entrega marcarase durante o curso e non será aplazable.

Non se esixe un mínimo para esta parte, pero non será recuperable na segunda oportunidade.

Prácticas de laboratorio 40%

Para a primeira oportunidade, realizarase durante o curso un seguimento do alumnado e con probas ou entregas de exercicios periódicos. A nota máxima para esta parte serán 4 puntos, dos que 2 corresponden ó seguemento diario e 2 ás entregas ou exercicios periódicos.

Para superar esta parte, deberán conseguirse 1,5 puntos. En caso de non conseguirse, a asignatura estará suspensa, cunha nota numérica nunca superior ó 4,5.

Na segunda oportunidade só poderán recuperarse os 2 puntos correspondentes ás entregas ou exercicios periódicos, mediante a realización dun exame escrito.

Os estudiantes poderan optar á segunda oportunidade só no caso de non superar esta parte na primeira oportunidade. Os criterios de mínimos e a nota máxima coinciden cos da primeira oporturnidade.

Proba mixta 40%

O exame da asignatura evaluará os seguentes aspectos:

  • Conceptos da materia: Dominio dos conocementos teóricos e operativos.
  • Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos conocemeentos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na asignatura.

Para superar esta parte deben obterse 1,2 puntos dos 4 posibles. De non conseguilo, a asignatura estará suspensa, e recibirá unha nota numérica non superior ó 4,5.

As condicións da proba mixta son idénticas para a primeira e a segunda oportunidade.

Guía docente

  • Aviso importante: A sección de avaliación da guía docente ten un erro na descrición da proba mixta. A nota máxima son 4 puntos (40% da nota final), e o mínimo esixido nesta parte para superar a materia é de 1,2 puntos. A indicación de 6 puntos máximo e 2 esixidos é incorrecta.
  • Guía docente

Bibliografía

Básica

  • Connolly, T. e Begg, C.. Sistemas de bases de datos. Pearson. 4ª ed. 2005.
  • Elmasri, R.A. e Navathe, S.B.. Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos. Pearson. 5ª ed. 2007.
  • Silberschatz, A., Korth, H. e Sudarshan, S.. Fundamentos de Bases de Datos. McGraw-Hill. 2006.

Complementaria

  • García-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. Database System. The complete book. 2nd ed. Prentice Hall. 2009.
  • Ramakrishnan, R. e Gehrke, J.. Sistemas de Gestión de Bases de Datos. McGraw-Hill. 3ª ed. 2007.
  • Gulutzan, P. e Pelzer, T.. SQL-99 complete, really. An example-based reference manual of the new standard . R&D Books. 1999.
  • Melton, J. e Simon, A.R.. SQL:1999 - Understanding Relational Language Components. Morgan Kauffman Publishers. 2002.