Deseño de Recursos Informativos no Contorno Web
Lic. en Documentación - Curso 2013/2014

Obxectivos

A formidable expansión, acontecida nos últimos anos, do uso de Internet en xeral, e das tecnoloxías web en particular, ven de revolucionar o xeito en que temos acceso á información que precisamos. A web simplificou enormemente o acceso a inxentes cantidades de dados desde calquera punto do planeta; mais complicou tamén a asimilación e selección da información que se necesita de entre toda a disponíbel.

O obxectivo fundamental desta asignatura é o de dotar aos estudiantes coa capacidade de deseñar recursos de información facendo uso das tecnoloxías web, cunha axeitada organización da información que permita a adecuación dos recursos ás necesidades dos usuarios.

Con esa fin, serán proporcionados aos estudiantes os fundamentos tecnolóxicos necesarios para coñecer as capacidades proporcionadas polas tecnoloxías web, e dotalos ao tempo dunha certa independencia no seu manexo. E serán analizadas arquitecturas, técnicas e recomendacións de deseño, organización e presentación de sitios web, facendo especial énfase no concepto de usabilidade.

Temario

Teoría

  1. Introdución
    1. Conceptos básicos de informática necesarios para entender o resto dos contidos da asignatura.
  2. Fundamentos. Tecnoloxías.
    1. A linguaxe HTML.
    2. Follas de estilos CSS.
  3. Deseño de sitios web
    1. O proceso de deseño web.
    2. Organización e exploración de sitios web.
    3. Elementos para o deseño.
    4. Principios básicos de deseño.
    5. Accesibilidade web.
  4. Conceptos avanzados
    1. Ferramentas de publicación: xestores de contidos, wikis e blogs.
    2. HTML dinámico.
    3. Aplicacións web.
    4. Plugins.

Prácticas

  • A entregar polo alumnado:
    • Deseño e implementación dun sitio web

Avaliación

  • Exame escrito, que representa o 50% da nota final.
  • Práctica obrigatoria que representa o 50% da notal final.
  • Para aprobar a asignatura é obligatorio superar o exame escrito e mais a práctica.

Bibliografía

  • Morris, Mary E.S. & Hinrichs, Randy J. (1996) Web page design: a different multimedia. Prentice Hall
  • Nielsen, Jakob. (2000) Usabilidad : diseño de sitios web. Prentice Hall
  • Powell, Thomas A. (2001) HTML 4 : manual de referencia. McGraw-Hill
  • Powell, Thomas A. (2001) Diseño de sitios web: manual de referencia. Osborne McGraw-Hill
  • Rosenfeld, Louis & Morville, Peter. (2000) Arquitectura de la información para el WWW. McGraw-Hill