Sistemas de Información Xeográfica
Máster en Enxeñería de Sistemas Informáticos - Curso 2011/2012

Obxectivos

O obxectivo deste curso é realizar unha introdución aos sistemas de información xeográfica (SIX) no contexto da enxeñería informática, e, mais concretamente, no contexto dos sistemas xestores de bases de datos

Un SIX é un conxunto de ferramentas informáticas para modelar, representar, almacenar, manipular, consultar, analizar y visualización información cun compoñente xeográfica. O obxectivo do curso non é explicar con detalle todos os aspectos dun SIX, senon presentar os aspectos mais significativos de cada un dos niveis da arquitectura dun SIS.

Para conseguilo imos considerar a arquitectura xenérica dun sistema de información e imos describir os conceptos mais relevantes dos SIX en cada un dos niveis. Ademais, describiremos os esforzos actuais para a definición dos estándares e a arquitectura necesaria para construír SIX interoperables. Tamén intentaremos realizar unha breve cescrición dos compoñentes e ferramentas dispoñíbeis no mundo real e o nivel no que os conceptos descritos poden ser aplicados en aplicacións reais. Por último, describiremos tamén as particularidades dos SXBD espaciais e espazo-temporais que non teñan sido descritas anteriormente.

Temario

Teoría

  • Introdución
    • Definicións
    • Aplicacións GIS
    • Características especiais
    • Contidos
  • Representación de información xeográfica
    • Introdución
    • Modelo Conceptual
    • Modelo Lógico
    • Modelo Físico
  • Procesamento de información xeográfica
    • Introdución
    • Operacións para objetos xeográficos
    • Operacións para atributos do espazo
    • Técnicas de análise
  • Visualización de información xeográfica
    • Introdución
    • Obxectos cartográficos
    • Sistemas de proxección
    • Metáforas de visualización
    • Produción de cartografía
  • Arquitecturas e estándares
    • Introdución
    • Simple Features for SQL (SFS)
    • Web Feature Service (WFS)
    • Filter Encoding (Filter)
    • Geography Markup Language (GML)
    • Web Map Service (WMS)
    • Styled Layer Descriptor (SLD)
    • Catalogue Service for the Web (CS-W)
    • Web Coverage Service (WCS)
  • Bases de datos espaciais e espazo-temporais
  • Aplicacións e ferramentas dispoñíbeis

Prácticas

  • A entregar polo alumnado:
    • Cuestionario sobre a materia teórica do curso
    • SQL espacial

Avaliación

  • A nota do curso virá determinada pola calidade dos traballos prácticos entregados polo alumno
  • A valoración de cada un dos traballos é a seguinte:
    • Artigo acerca da materia teórica do curso: 30%
    • SQL espacial: 30%
    • Estándares: 40%

Bibliografía

  • Luaces, M.R.. A Generic Architecture For Geographic Information Systems. Universidade da Coruña (Tese de Doutoramento). 2004.
  • Rigaux, P., Scholl, M. e Voisard, A.. Spatial Databases: With Application To GIS. Academic Press. 2002.
  • Worboys, M.. GIS: A computing perspective. Taylor & Francis. 2ª ed. 1995.
  • Laurini, R. e Thompson, D.. Fundamentals Of Spatial Information Systems. Academic Press. 1999.
  • Longley, P.M., Goodchild, M.F., Maguire, D.J. e Rhind, D.W.. Geographic Information Systems And Science. John Willey & sons. 2001.
  • Manolopoulos, Y., Papadopoulos, A. e Vassilakopoulos, M.. Spatial Databases. Technologies, Techniques and Trends. Idea Group. 2005.