Sistemas de Información Xeográfica
Máster en Enxeñería de Sistemas Informáticos - Curso 2011/2012

Sistemas de Información Xeográfica

Transparencias da aula:

Lecturas recomendadas

O punto de partida pode ser a tese doutoral de Miguel R. Luaces. O capítulo 2 fai un repaso das características relevantes dos sistemas de información xeográfica e o capítulo 3 describe a arquitectura e os estándares relacionados cos sistemas de información xeográfica.

O libro de Worboys é tamén recomendable de principio a fin. No capítulo 3 se define en detalle o espazo xeográfica, no capítulo 4 se fala da representación e procesamento da información a nivel conceptual, no capítulo 5 faise a nivel lóxigo, e no 6 a nivel físico.

O libro de Laurini e Thompson tamén e recomendable por extenso e por cubrir toda a materia, pero vai un pouco vello.

A miña descrición das xeracións de GIS e das operacións están roubadas (co permiso dos autores) do capítulo 3 do libro de Taboada González e Cotos Yáñez.

As estructuras de indexación espacial están descritos con moito detalle no capítulo 6 do libro de Rigaux, Scholl e Voisard.

Para a descrición dos estándares o mellor sitio é Internet. O Open Geospatial Consortium ten todos os seus estándares accesibles na sua web. Teñen que ser lidos con coidado: o risco de durmirse é grande. O interesante está ao final, nos exemplos.