Informática Básica: Máquina virtual.

Práctica de comandos-linux.


Todos/as estudantes de Informática Básica de grupos WIFI, que non teñan un entorno linux instalado nos seus portátiles, deberían acudir á primeira clase de prácticas de IB co software que se indica a continuación xa listo nos seus portátiles:


Software necesario: máquina virtual vmware.

Imos precisar dun entorno linux (ubuntu) con permisos de administración. Para iso usaremos unha máquina virtual vmware que xa preconfiguramos con Ubuntu-14 e que deixamos lista para descarga. (Quen o desexe pode instalar a súa propia versión)

A continuación mostramos os pasos necesarios para obter dita máquina virtual, e despois, arrancala.


Estudantes en laboratorios wifi:

Deben seguir os pasos 1-2-3 a continuación.

  1. Software de virtualización: vmware-workstation-player. Pasos:
  2. Descargar máquina virtual vmware preconfigurada:

  3. Abrir aplicación Vmware-player, e arrancar máquina virtual preconfigurada (con Ubuntu 14).

     

     

  4. E listo, xa temos ubuntu 14 correndo no noso equipo!!

    A Configuración inicial usa: 1 core e 1 gb de RAM.

    Se a máquina está detida, pódese aumentar o número de cores e a memoria desde o vmware-player no icono "Edit virtual machine settings" que está ao lado do botón "Play virtual machine". (ver imaxe arriba)


Nota 1: Aínda que en xeral as CPUs dos nosos portátiles traen por defecto a tecnoloxía de virtualización activada, se vmware non funciona, pode ser debido a que está desactivado na UEFI/BIOS. Más info aquí (páxina externa).
Nota 2: Usuarios con problemas con vmware (ex. usuarios de MAC), poden usar alternativamente virtual box: instruccións aquí

Última actualización, 10 de outubro de 2023.